Antía Ameixeiras | Violinista e cantante · O violín que dignifica a tradición e potencia a cultura | #6
Description
Entrevistamos a Antía Ameixeiras, violinista e cantante cunha fonda conexión á música tradicional galega dende a súa infancia. Cunha búsqueda constante pola dignificación do violín tradicional galego, é a metade do marabilloso dúo Caamaño&Ameixeiras, onde xunto a Sabela Caamaño (acordeón), conectan coa música de raíz, o folclore e a ritoloxía popular galega levándoa por todo o mundo. Finalista da «Bolsa ensaia» e receptora da «Residencia ensaia» en 2023, é unha das voces da nova música galega.
| Sobre As follas novas.
Entrevistas a algunhas das persoas máis fascinantes que coñecemos grazas á «Bolsa ensaia» con traxectorias admirables en campos moi diversos. Aquí afondamos no seus procesos creativos e formas de entender o mundo.
| Sobre ensaia.
Somos un movemento que, en forma de comunidade e cunha visión de longo prazo, doa anónima e desinteresadamente cartos para, entre outras iniciativas, outorgar anualmente bolsas que apoien traxectorias destinadas a impactar positivamente en Galicia. Súmate á comunidade para outorgar máis bolsas e coñece máis sobre nós na nosa web: ensaia.com










